Thursday 02 de May de 2024

O Vicepresidente da Xunta reúnese en Santiago co novo cónsul de Romanía, Marian Popescu


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu esta mañá en San Caetano ao cónsul de Romanía para o Norte de España, Marian Popescu.

O encontro enmarcase dentro da rolda de visitas do diplomático ao Goberno galego, que xa visitou á conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, para abordar diversas liñas de colaboración no ámbito social.

Marian Popescu foi nomeado a finais de 2014 e a súa circunscrición abrangue as comunidades autónomas de Galicia, Pais Vasco, A Rioxa, Navarra, Cantabria e Asturias.